O pasado mes de maio unha delegación de alumnado de 1º de bacharelato (agora en 2º) participaba na presentación do modelo PONTE NAS ONDAS de boas prácticas co patrimonio inmaterial canda a unha delegación de profes e músicos tanto galegos como portugueses. A actividade foi no Instituto Español de Lisboa e mais no Centro Galego Xuventude de Galiza. Para sabermos máis desta experiencia, RADIO URRACA entrevista unha representación de alumnado o vindeiro xoves 17 en directo ás 11.00h cadrando co recreo. Podes escoitalo ao vivo no patio e, posteriormente, neste site.

Comentarios
Publicar un comentario