Gala cos gañadores de ARRI[T]MAR 2024::: - RADIOURRACA

Home Top Ad

Responsive Ads Here

Post Top Ad

Responsive Ads Here

domingo, 6 de outubro de 2024

Gala cos gañadores de ARRI[T]MAR 2024:::

Os premios da música e da poesía galego-portuguesas deste ano xa teñen vencedores e vanse presentar nunha gala a celebrar en Santiago de Compostela o vindeiro 22 de novembro. 

Na categoría musical temos MORENA dos "De Ningures" (por Galiza) e NA ESCOLA dos "Quatro e meia" (Por Portugal) No ámbito musical temos pola nosa terra a Silvia Penas e polos nosos veciños e irmáns, Silvia Mota.

E Salvaterra vai ter un protagonismo especial nesta edición porque a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado foi galardoada polo júri como entidade promotora da boa veciñanza entre galegos e portugueses. Sabías que en 1973 foi fundada e que no 78 organizaron un concerto co mesmísimo Zeca Afonso (si, o de Grândola Vila Morena) con xente da vila e con outros artistas como Vitórino e Fausto.

Podes ler máis info nesta ligazón

E podes escoitar a música dos De Ninghures e dos Quatro e Meia aquí e en directo en RADIO URRACA. Estes días soarán nas emisións en probas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here

Pages