Xa arrancaron as emisións en probas de RADIO URRACA. Estes días, nos recreos terás oído música e algunha que outra proba... Neste curso a radio escolar do IES Salvaterra de Miño vai coller pulo e vai ser o teu medio de comunicación de cabeceira. Terás a oportunidade de participar de diversas maneiras. Se o queres facer activamente serás convocado ás nosas instalacións en breve para comezar a traballar. Precisamos locutores/as, redactores/as, persoal técnico, xente creativa... Queda atento/a á publicidade que verás nos próximos días no noso centro!
Comentarios
Publicar un comentario