Festa do MAGOSTO en Radio Urraca::: - RADIOURRACA

Home Top Ad

Responsive Ads Here

Post Top Ad

Responsive Ads Here

venres, 8 de novembro de 2024

Festa do MAGOSTO en Radio Urraca:::

Hoxe en Radio Urraca estivemos de festa co especial do MAGOSTO no que entrevistamos a Uxía Sousa e Saray Veiga, dúas das voluntarias da Equipa de Dinamización Lingüística do IES Salvaterra de Miño. 
Explicáronnos un pouco en que ía consistir a actividade, e así foi como demostran estas fotos. Na zona de Soldadura tivemos a zona de asado e mostrador de reparto de castañas e polo patio adiante unha serie de estánds con numerosas actividades:
Pulsómetro, que foi a sensación con ringleiras de rapazas e rapaces a competir por ver quen é a persoa máis forzuda.
Xadrez, con moitas mesas na mesma zona cuberta e cunha participación altísima.
Lanzalandras, no ximnasio con moitas risas e tiros acertados.
Carreiras de sacos, tamén no ximnasio.
Tira da corda que foi máis ben salta da corda e que resultou unha das actividades máis divertidas.
Ademais dous grupos de pandereteiras fixeron as delícias do público tocando tanto na zona de asado coma no corredor da entrada.
Máis fotos nas RR.SS. do IES Salvaterra de Miño.






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here

Pages