O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de portugués do noso centro visitou hoxe a vila de Monçao. Foi unha oportunidade marabillosa para coñecer mellor a contorna próxima ao tempo e practicar coa lingua portuguesa in situ. Vistaron a Biblioteca Pública Municipal de Monçao onde foron recibidos polas traballadoras que non explicaron o funcionamento da mesma, tamén ensinaron os agradables recantos da instalación e todas as potencialidades da mesma. Da man do departamento didáctico da Câmara Muncipal de Monçao e guiados pola arqueóloga e historiadora Odette, entraron nas entrañas da vila, recoñecendo os espazos dos 5 km do baluarte que envolve estes lugares, a visita posibilitou a entrada á Igreja Matriz, o barrio xudeo, o arquivo histórico, as portas da vila, de Salvaterra, antiga porta do Poxigo e o espazo do antigo castelo medieval. Tamén houbo tempo para coñecer a lenda da Coca ou da heroína Deu-la-Deu Martins. Unha xornada na que o bo tempo fixo compaña e animou á expedición nestes últimos días antes das vacacións de Nadal.
Post Top Ad
Responsive Ads Here
martes, 17 de decembro de 2024

Home
Unlabelled
Alumnado de 1º e 2º de Bach. visita a cidade irmá de Monçao:::
Alumnado de 1º e 2º de Bach. visita a cidade irmá de Monçao:::
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Post Bottom Ad
Responsive Ads Here
Author Details
Templatesyard is a blogger resources site is a provider of high quality blogger template with premium looking layout and robust design. The main mission of templatesyard is to provide the best quality blogger templates which are professionally designed and perfectlly seo optimized to deliver best result for your blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario