Semana do Cinema Galego; entrevista o luns para presentar a actividade::

Dúas das compañeiras da Equipa de Dinamización da Lingua Galega visitaron este luns os estudios de Radio Urraca para presentar as películas da Semana do Cinema Galego. Por problemas técnicos coas gravacións non estamos podendo ofrecer os programas en diferido, pero nos próximos días estará subsanado. Esta semana programación especial de Nadal; o xoves e venres desvelaremos os segredos das actividades do festival de Nadal que está a organizar o alumnado de 2º de bacharelato.


 

Comentarios