A CAIXA DOS TALENTOS é a proposta de RADIO URRACA para dar a coñecer os talentos da comuninade escolar do IES Salvaterra de Miño. Se ti tamén tés algo que nos contar, ponte en contacto con nós a través do noso correo radiourraca@iessalvaterramino.edu.es ou busca ao persoal de Radio Urraca nos recreos.
Acompáñanos no primeiro programa GABRIEL MO, quen destaca no noso IES por -pese a estar en 1º da ESO- ser un especialista das mesturas musicais, mesmo fai saídas como DJ a diversos eventos. Gabriel foi entrevistado por Arancha nos estudios de Radio Urraca en xaneiro de 2025 e, trala entrevista, comezou tamén a colaborar con esta radio. Moitas grazas, Gabriel! Presenta Arancha Tomé, dirixe control de son Manuel Rosende.
O noso alumnado ten moitos talentos e moi variados. O interese polas linguas é un deles, como no caso de Eva Pajarín de 1º bacharelato, que escolleu a lingua nipona e embarcouse na aventura de aprendela. Explícanos un pouco sobre o seu gusto polas linguas e como chegou ao xaponés, onde o estuda, a dificultade que ten e todo o que fai para aprendelo. Eva comparte con nós unhas palabriñas para despedirse despois de explicarnos unhas cantas curiosidades desta cultura tan apaixonante. Presentan Arancha Tomé, Nerea Alonso, técnico de son Gabriel Mo. Dirixe Manuel Rosende.
Ningún comentario:
Publicar un comentario