Segundo episodio da CAIXA DOS TALENTOS, con Eva Pajarín e a aventura de aprender novas linguas:::

O noso alumnado ten moitos talentos e moi variados. O interese polas linguas é un deles, como no caso de Eva Pajarín de 1º bacharelato, que escolleu a lingua nipona e embarcouse na aventura de aprendela. Explícanos un pouco sobre o seu gusto polas linguas e como chegou ao xaponés, onde o estuda, a dificultade que ten e todo o que fai para aprendelo. Eva comparte con nós unhas palabriñas para despedirse despois de explicarnos unhas cantas curiosidades desta cultura tan apaixonante.



Comentarios