Esta semana abrimos de novo a CAIXA DOS TALENTOS e pechamos co MEGAVENRES:::

 O xoves abrimos a CAIXA DOS TALENTOS. A quen atoparemos? Adiantamos que é un apaixonado daquilo que fai e un exemplo de tesón e motivación. Faremos unha emisión en directo no recreo que poderás seguir aquí, no noso sitio web, cando queiras.

O venres é tempo de MEGAVENRES. Despedimos a semana dando conta de como van esas excursións a Tenerife e Andorra, pero teremos convidados que nos van contar cousas moi interesantes; por unha banda temos a Adrián Mouriño que nos vai explicar unha actividade que fixeron nas clases e grazas á cal nos pode presentar unha canción das Tanxugueiras, pois analizou a letra. Tamén teremos á rapazada de 1º da ESO que participa no CLUB DE CIENCIA con proxectos moi interesantes que cómpre que coñezas.

Tamén vos adiantamos que estamos medrando na nosa produción e, en breve, poderás escoitar máis programas no recreo ou aquí, en radiourracasalvaterra.blogspot.com.




Comentarios