O xoves abriremos de novo a caixa dos talentos. Quen nos visita? Sorpresa! É unha persoa relacionada coa música e o espectáculo... Quen será, será... Tes que agardar ao xoves 20 para descubrilo.
E o venres, que nos agarda no MEGAVENRES? Pois, OBVIO, falaremos das dúas viaxes simultáneas desta semana pasada a Andorra e Tenerife e imos presentar unha actividade moi especial que se vai celebrar a vindeira semana, o concerto do CORO do noso instituto. Tamén explicaremos como se vai celebrar o XXX aniversario de PONTE NAS ONDAS, xa que o mércores 26 unha comisión radiofónica do noso centro vai estar no CUVI cun programa especial dentro da maratón radiofónica que se poderá escoitar ao vivo ese día. Haberá máis sorpresas, así que nos recreos ten unha orella alerta! Se non che dá a vida para todo, non te preocupes; estarán os audios aquí en RADIOURRACASALVATERRA.blogspot.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario