Achegáronse aos nosos estudios Noa, Carlota e Aroa de 2º ESO-A para explicarnos o proxecto de sostenibilidade que están realizando e que coñecemos porque nos petan ás portas das aulas para localizar fluorescentes fundidos. Tamén estivo con nós Rocío para entrevistar ao noso técnico DJ Gabri, quen nos explicou en que consiste a efeméride deste domingo que se celebra o día do DJ. E, como non, falamos do 8M e fixémolo atendendo á cor violeta que simboliza a loita pola igualdade de xénero e a eliminación do patriarcado.
.png)
Comentarios
Publicar un comentario