Resumimos e recollemos os principais datos da X Semana da Ciencia e facémolo cos seus protagonistas, visítannos Isa, Brais e Enzo de 4º PDC e Lara de 1ºB. Tamén escoitamos ao alumnado que estivo ante os postos que nos contaron en que consistitían os seus experimentos. En canto á actualidade falamos do vídeo PNO que xa está dispoñible, dos últimos sucesos que nos rodean e as actividades pasadas así como a intensa axenda da primeira semana despois das vacacións de Semana Santa cando un grupo de escolares van realizar a fase do intercambio con Alemaña consistente na súa estadía en territorio xermánico.

Comentarios
Publicar un comentario