Aberto o prazo para participar no CLUB DE RADIO do IES Salvaterra de Miño:::

Xa está aberto o prazo para anotarse no CLUB DE RADIO do IES Salvaterra de Miño. As persoas interesadas poden achegarse nos recreos tanto á radio como á biblioteca para anotarse e o vindeiro mércores día 24 de setembro ás 11h nas instalacións da radio terán unha reunión informativa onde se detallarán máis concretamente as particularidades de participar no club de radio.
En canto aos horarios, non será necesario quedar os mércores ao mediodía, pois a actividade da radio vaise desenvolver en horario escolar e nalgún recreo. Cadaquén, segundo o traballo que vaia desenvolver, adecuará o seu horario á actividade.
As tarefas a desenvolver son de voluntariado na radio, facendo traballos de produción, guionización, locución, edición técnica, control de son... entre outros. Quen non queira estar diante dun micro pero teña curiosidade, tamén ten un lugar no club de radio.
Este club levará implícita a posibilidade de participar en actividades especificas tipo Ponte nas Ondas, radio na biblio, no proxecto co agrupamento de escolas de Monçao "Na mesma onda" e mesmo algunha saída específica.
Participar no club de radio abre novos horizontes e trascende ao académico, levando ao alumnado a novas experiencias que quedarán para sempre no recordo.



 

Comentarios