MEGAVENRES #5: FALAMOS CO EDL DO IES SOBRE AS PRÓXIMAS ACTIVIDADES:::

Carla, Paula, Antía e Adrián do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Salvaterra de Miño visitan o MEGAVENRES na súa 5ª semana da segunda tempada para falarnos dos seus proxectos dentro do equipo. Reúnense os martes na Casa Bedel durante o recreo e detállannos o último que andan argallando; as ideas coas que van organizar o magosto e a iniciativa de dinamización do instagram e no que agora mesmo podemos votar polas nosas músicas preferidas. Non perdas esta entrevista que lle fixeron Ivana e Nerea.





Comentarios