A cidade de Amarante, en Portugal, acolleu o III Festival Sementes de Paz. O IES Salvaterra de Miño e a Escola Secundária de Monçao fomos convidados a participar. Instalamos o noso set de radio no hal do cine-teatro de Amarante (que edificio tan bonito!) e puxémonos a facer radio. Foi unha sesión que acompañou ao festival, entrevistando aos seus protagonistas e presentando toda a actividade.
Do lado galego estivemos DJ Gabri nos controis de son e Lara Ferreira con Arancha Tomé nos micros, así como os profesores Manuel Rosende (coordinación) e Fernando Abreu (técnica e loxística) Do lado de Monçao contamos aos micros con Jorge Miguel Pereira, Bruno Adriano Pereira, Guilherme Rodrigues, Tiago Cairrão e Ricardo Gonçalves que foron acompanhados polas profesoras Ester Mesquita e Isabel Vilas Boas.
Este é un proxecto PONTE NAS ONDAS, no que escolas das dúas ribeiras do Miño-fronteira demostran que a unión é o único camiño posible, facendo actividades conxuntas coma esta emsión especial no Cine-Teatro de Amarante.

Comentarios
Publicar un comentario