Hoxe, o mundo celebra unha das linguas máis influintes na historia da humanidade, O GREGO. No IES SALVATERRA DE MIÑO sumámonos á efeméride porque é fundamental recoñecermos o importantísimo papel que xogou a lingua helena no desenvolvemento do pensamento occidental, a ciencia e as artes.
Celébrase precisamente hoxe, en conmemoración do aniversario do pasamento de Dionysios Solomos, o poeta nacional grego, que é autor, entre outros, do hiperrecoñecible himno á liberdade, o himno grego.
Alumando de grego no noso centro (Eva, Arancha e Azul) coa colaboración de Alfredo e baixo a coodinación do seu profesor de grego, Xavier, elaboran este precioso podcast para desfrute de toda a comunidade escolar. Ao aparello técnio e edición de postprodución Manuel, coordinador e dinamizador de Radio Urraca.



Comentarios
Publicar un comentario