Especial PONTE NAS ONDAS en VALENÇA DO MINHO (24/04/26):::

 O pasado venres 24 de abril, 5 alumnos do IES Salvaterra e mais 4 do Agrupamento de Escolas de Monçao partiron para o Agrupamento de Escolas "Muralhas de Valença" para participar na maratón radiofónica de PONTE NAS ONDAS. Elaboraron un programa titulado "na mesma onda" e entrevistaron a Dona Carolina Rei, quen falou o ciclo do liño e a Gonzalo Bargiela (de Arantei-Salvaterra) e a Luís Cunha (de Bela-Monçao) quen falaron das pesqueiras. Para rematar, explicaron o proxecto do IES SALVATERRA "Río do saber, saber do río".

Foi unha xornada de compartir e de facer xuntos, non só as dúas escolas, senón moitas outras de todo o Minho, Tui e Salvaterra en Valençao ao tempo que tamén se producían 9 maratóns máis simultáneas en Galiza e Portugal. Somos patrimonio inmaterial e celebrámolo nas ondas coas mellores prácticas, as que son modelo para a Unesco. Podes ver o video completo a continuación ou só o noso programa, como prefiras, está todo dispoñible a continuación:




VÍDEO COMPLETO DE TODO O PROGRAMA



VÍDEO PROGRAMA "NA MESMA ONDA"

ou no audio a seguir:




Comentarios