Logo de dar unha charla con 1º bacharelato, tivo a ben visitar os estudios de RADIO URRACA para ser entrevistada polo EDL. Por problemas técnicos non conservamos o audio, deixámosvos unhas imaxes. Eva falounos de videoxogos en galego, pero tamén da súa paixón; a tradución e a interpretación, contestando a preguntas nas que asegurou que non ten medo ningún a que a IA mingue o labor da tradutora ou sobre as saídas destes estudos. No referente aos videoxogos aclarounos como se "traduce" non só o texto senón o contexto para facer os produtos culturais que tanto nos gustan. Queda fronte a secretaría unha exposición sobre o videoxogo en galego.



Comentarios
Publicar un comentario