Xa dispoñible en liña ENTREVISTA ALDDARA (EDL IES SALVATERRA DE MIÑO) en Radio Urraca!:::

A cantante, letrista, compositora e productora Alddara chega ao IES Salvaterra de Miño para encontrarse co alumnado. Alddara é unha promesa feita realidade, vén de publicar o seu primeiro EP cunha acollida formidable; pop urbano mesturado con sintetizadores e beats alternativos. Coa súa voz dóce e harmoniosa, chega aos corazóns da comunidade educativa na súa lingua, que tamén é a nosa e da que estamos moi ogullosos. Que marabilla poder escoitar estas letras que falan das súas experiencias persoais e que ben poderían ser as nosas! Grazas a Alddara por vir dende Barcelona, agardamos que volvas pronto e que te asentes pretiño do teu Rianxo natal! Por certo, escoitamos a entrevista e algunhas das súas cancións, non deixes de seguila nas súas redes.



Comentarios