Arranca o curso 26-27 e con el actívanse as ondas do Miño: VOLVE RADIO URRACA!
Quen desexe participar voluntariamente non ten máis que anotarse no CLUB DE RADIO, baixando ao -1 ata os estudios da radio en calquera recreo. Tamén se pode enviar un correo a radiourrraca@iessalvaterramino.edu.es.
No club poderás colaborar na produción de programas, na locución, na xestión técnica e moitas outras cousas.
Unha vez que te anotes, serás convidado a sesións iniciais de formación e organización do club. A participación será principalmente nalgúns recreos segundo o proxecto no que decidas participar.
Calquera dúbida, ven e pregunta sen medo. A radio é divertida e moi produtiva!

Comentarios
Publicar un comentario